lunes, 23 de octubre de 2017

PracTICa 05: Zombi con Gimp

Neste videotutorial amoso como facer unha transformación cunha foto e convertila nun zombie. 


Podedes coller os arquivos da práctica aquí.

O traballo consistirá en escoller unha foto dunha persona, a que ti queiras, e zombificala tal como fixemos con House.

lunes, 16 de octubre de 2017

PracTICa 04: Presentación con Google Drive (antiguo Google Docs)

Na seguinte práctica teremos que crear unha presentación online e incrustala no Blog.

A presentación terá que tratar sobre un tema que estudases nunha clase, deste ano ou doutro.
Para iso, teredes que escoller un tema, facer un resumo, pensar a maneira de dividilo en diapositivas e buscar ou xerar os gráficos necesarios.

O número mínimo de diapositivas será cinco, incluíndo a carátula. Na diapositiva final poredes a bibliografía ou cibergrafía utilizada para facer o traballo, os créditos e os agradecementos. Iso vos deixa cinco diapositivas mínimas para por os contidos.

Os contidos teñen que ser imaxes e textos, debendo existir un equilibrio entre ambos.

Os textos deberán ser redactados por vós, en galego ou castelán, pero non facendo copiar e pegar da rede, pois iso suporá a anulación do traballo.

As imaxes deberedes citar de onde as sacades e poñelo na cibergrafía.

Os contidos serán maduros e ben formulados, sodes estudiantes da última etapa de secundaria e xa tendes un nivel, que se vexa.

Falando de presentacións online, non podemos deixar de lado o máis popular servicio para compartir este tipo de contidos, a plataforma SlideShare, onde atoparedes unha boa morea de presentacións en múltiples idiomas e sobre todo tipo de contidos, educativos tamén.

https://es.slideshare.net/

Deixovos tamen unha presentación de exemplo:


lunes, 9 de octubre de 2017

PracTICa 03: Que uso lle das ao ordenador e ao móbil?

Isto é un ordenador.

Segundo a definición, trátase dunha máquina dixital e electrónica capaz de procesar información seguindo instruccións almacenadas en programas.

Esa definición tan fría faille pouco favor a este trebello que tanto usamos na nosa vida moderna, dende o uso personal ó uso máis social e global.

Nesta ocasión o traballo que vos pido é unha análise do uso que facedes no cotiá dos ordenadores. Cando chegas a casa, se tiveses todo o tempo do mundo... Que uso fas do ordenador? Úsalo para conectarte a redes sociais a través de internet? Para redactar traballos ou buscar información? Ver e ordenar as fotos? Xogar? Deseño? Ve-lo periódico, escoitar música o ver unha película ou videos en streaming? Descargar contidos?


Hai tantas e tantas cousas que se poden facer cun ordenador hoxe en día,... describe os usos que lle das, as razóns que te levan a facelo e as ventaxas e inconvintes que lle ves ó asunto.

Fala tamén da túa primeira experiencia cun ordenador, mesmo se lembras o primeiro ordenador que tiveches, si es que tes algún.
E describe tamén o que te gustaría aprender a facer cun ordenador, ou as posibilidades de futuro que lle ves.

Tamén podes comentar o impacto que tivo a chegada dos smartphones, as apps e a conectividade móbil na túa vida, e como cambio a forma de comunicarte. Que uso lle das ao móbil no día a día? Que posibilidades tecnolóxicas cres que te aporta?

Por último. Que contidos ou aplicacións te gustaría aprender en TIC? Elaboración de páxinas web? Vídeos? Fotografía dixital? Bases de datos? Programación? etc...


Lembra coidar a redacción do teu traballo e darlle unha coherencia e extensión adecuada para ser un traballo dun nivel como primeiro de bacharelato.

Valoraranse as reflexións maduras e ben levadas, a corrección gramatical e o contexto xeral do escrito.

Publicaredes este texto, dunha extensión media, no voso blog, baixo o nome que ten esta mesma entrada. Lembrade elaborar un texto ao nivel que se se espera de vós coma alumnos de bachallerelato, cunha certa seriedade e corrección.







jueves, 5 de octubre de 2017

O Xogo da Semana: Castle Destroyer e 3 Slices

Unha semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.

Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.

A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!

Veña, a darlle ó Castle Destroyer

A miña puntuación


E aroveitando a circunstancia, ampliemos o repertorio con 3 Slices, un xogo moi parecido, e a súa celebrada segunda parte.




http://www.physicsgames.net/game/3_Slices.htmlhttp://www.physicsgames.net/game/3_Slices_2.html

lunes, 2 de octubre de 2017

PracTICa 02: Xeolocalización con Mapas de Google

Nesta actividade traballaremos co código HTML que sacaremos de google maps e a forma de presentar os mapas e rutas incrustados no Blog. Deberás enlazar e publicar no teu blog os seguintes recursos extraídos de Google Maps.

1- Un mapa coa posición da túa casa. Se queres manter ese dato na intimidade, usa a cambio o Concello, que ó fin e o cabo se lle chama "A casa do Pobo". O nivel de aproximación debe de ser suficiente como para poder guiarse polas rúas. No exemplo presento unha versión en mapa de satélite e outra en callexeiro.


2- A ruta dende o Concello de Boiro (ou outro lugar relacionado convosco) ata o destino internacional que sempre quixéchedes visitar. Dende as praias do caribe ós llanuras heladas de Siberia, pasando polas ruínas de Petra, Exipto ou Xerusalem... ou a exhuberancia urbana de New York ou Shangai. Escollede vos e mirade os datos relacionados.

3- Unha vista co motor "street view" dun monumento ou lugar famoso e reconocible.


Podes ver exemplos despois do salto.