lunes, 9 de octubre de 2017

PracTICa 03: Que uso lle das ao ordenador e ao móbil?

Isto é un ordenador.

Segundo a definición, trátase dunha máquina dixital e electrónica capaz de procesar información seguindo instruccións almacenadas en programas.

Esa definición tan fría faille pouco favor a este trebello que tanto usamos na nosa vida moderna, dende o uso personal ó uso máis social e global.

Nesta ocasión o traballo que vos pido é unha análise do uso que facedes no cotiá dos ordenadores. Cando chegas a casa, se tiveses todo o tempo do mundo... Que uso fas do ordenador? Úsalo para conectarte a redes sociais a través de internet? Para redactar traballos ou buscar información? Ver e ordenar as fotos? Xogar? Deseño? Ve-lo periódico, escoitar música o ver unha película ou videos en streaming? Descargar contidos?


Hai tantas e tantas cousas que se poden facer cun ordenador hoxe en día,... describe os usos que lle das, as razóns que te levan a facelo e as ventaxas e inconvintes que lle ves ó asunto.

Fala tamén da túa primeira experiencia cun ordenador, mesmo se lembras o primeiro ordenador que tiveches, si es que tes algún.
E describe tamén o que te gustaría aprender a facer cun ordenador, ou as posibilidades de futuro que lle ves.

Tamén podes comentar o impacto que tivo a chegada dos smartphones, as apps e a conectividade móbil na túa vida, e como cambio a forma de comunicarte. Que uso lle das ao móbil no día a día? Que posibilidades tecnolóxicas cres que te aporta?

Por último. Que contidos ou aplicacións te gustaría aprender en TIC? Elaboración de páxinas web? Vídeos? Fotografía dixital? Bases de datos? Programación? etc...


Lembra coidar a redacción do teu traballo e darlle unha coherencia e extensión adecuada para ser un traballo dun nivel como primeiro de bacharelato.

Valoraranse as reflexións maduras e ben levadas, a corrección gramatical e o contexto xeral do escrito.

Publicaredes este texto, dunha extensión media, no voso blog, baixo o nome que ten esta mesma entrada. Lembrade elaborar un texto ao nivel que se se espera de vós coma alumnos de bachallerelato, cunha certa seriedade e corrección.







No hay comentarios:

Publicar un comentario