Nestes tempos dixitais, a solidaridade atopou unha vía para organizarse e colaborar en grupo na distancia.
Adoitamos estudar os cambios sociais que se deron no pasado, como a abolición da escravitude, a liberdade de credo, a caída da aristocracia (nos países civilizados), a emancipación da muller ou o sufraxio e sanidade universais,...
Parece pois que estamos vivindo tempos revolucionarios de comunicación e altruísmo, enfrontados a illamento social, ao capitalismo e ao crecemento desmedido; onde hai xente que fai o mellor para os demais e xente que pretende afundirnos e explotarnos. Uns tempos que outros estudarán no futuro, de cambios sociais e revolucións silenciosas. Sé parte do cambio!
Páxinas como Aavazt ou Change promoven a creación e difusión de eventos sociais que buscan crear impacto sobre determinadas causas sociais.
Para o traballo de hoxe pido varias cousas:
- Escribe unha redacción sobre a túa experiencia co ciberactivismo, de habela, e unha reflexión sobre o que te parece, pros e contras, etc...
- Atopa e difunde un evento, causa, etc... en concreto que vexas que te preocupa entre os teus contactos nas redes sociais. Se hai algún problema social ou ético que te preocupa e a nadie máis parece importarlle, comeza a cadea de difusión desa realidade. Imos a facer un pouco de ciberactivismo!
- Publica no Blog a túa experiencia ou/e opinión e comenta o que pasou.
![]() |
| As redes sociais como ferramentas de cambio |
Eu compartirei tamén unha causa social, neste caso da loita polos dereitos dos animais,
Pola outra banda, vivimos tempos nos que estamos conectados á rede, pero desconectados da xente, din os pesimistas. Adiquemos un ratiño a tentar facer deste mundo un lugar mellor, pero que sexa un mundo real no que podamos vivir, non unha ilusión high-tech de banda ancha.
![]() |
| Os perigos do ciberactivismo, o inmovilismo na realidade. |
![]() |
| Loita de egos. Activismo de baratillo. |
![]() |
| O perigo da sobreexposición á información |
E tamén un vídeo que pola contra critica o "activismo de sofá", sendo que agora se lle da a "Me Gusta" e un se olvida do tema, en vez de sair á rúa e loitar polos nosos menguantes dereitos.





