lunes, 14 de mayo de 2018

PrácTICa 13: Ciberactivismo



O Ciberactivismo, ou activismo online ou en liña,  refírese ao conxunto de técnicas e procedementos relacionados coa tecnoloxía da comunicación a través dos cales se realizan determinados actos, xeralmente colaborativos, para promover unha causa social ou un evento concreto. Iso de xeito ben resumido.

Nestes tempos dixitais, a solidaridade atopou unha vía para organizarse e colaborar en grupo na distancia.

Adoitamos estudar os cambios sociais que se deron no pasado, como a abolición da escravitude, a liberdade de credo, a caída da aristocracia (nos países civilizados), a emancipación da muller ou o sufraxio e sanidade universais,...

Parece pois que estamos vivindo tempos revolucionarios de comunicación e altruísmo, enfrontados a illamento social, ao capitalismo e ao crecemento desmedido; onde hai xente que fai o mellor para os demais e xente que pretende afundirnos e explotarnos. Uns tempos que outros estudarán no futuro, de cambios sociais e revolucións silenciosas. Sé parte do cambio!

Páxinas como Aavazt ou Change promoven a creación e difusión de eventos sociais que buscan crear impacto sobre determinadas causas sociais.


Para o traballo de hoxe pido varias cousas:

- Escribe unha redacción sobre a túa experiencia co ciberactivismo, de habela, e unha reflexión sobre o que te parece, pros e contras, etc...

- Atopa e difunde un evento, causa, etc... en concreto que vexas que te preocupa entre os teus contactos nas redes sociais. Se hai algún problema social ou ético que te preocupa e a nadie máis parece importarlle, comeza a cadea de difusión desa realidade. Imos a facer un pouco de ciberactivismo!

- Publica no Blog a túa experiencia ou/e opinión e comenta o que pasou.



As redes sociais como ferramentas de cambio


Eu compartirei tamén unha causa social, neste caso da loita polos dereitos dos animais,


Pola outra banda, vivimos tempos nos que estamos conectados á rede, pero desconectados da xente, din os pesimistas. Adiquemos un ratiño a tentar facer deste mundo un lugar mellor, pero que sexa un mundo real no que podamos vivir, non unha ilusión high-tech de banda ancha.

Os perigos do ciberactivismo, o inmovilismo na realidade.

Loita de egos. Activismo de baratillo.
O perigo da sobreexposición á información


E tamén un vídeo que pola contra critica o "activismo de sofá", sendo que agora se lle da a "Me Gusta" e un se olvida do tema, en vez de sair á rúa e loitar polos nosos menguantes dereitos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario