WIX é unha ferramenta que vos permitirá facer páxinas web aproveitando plantiñas predeseñadas que xa trae, un pouco como fixemos con Blogger e o blog, pero máis completa.
Podemos facer os nosos deseños en FLASH ou HTML5, que é a incorporación máis recente e recomendable, pois o formato flash está a ser abandonado progresivamente.
Un exemplo de páxina feita en Wix pode ser a da asociación animalista Vox Anima.
O traballo consistirá en crear unha páxina web sobre un contido académico, ou crear unha empresa ou negocio imaxinario, defender unha causa, publicitar un evento, etc... sexa cal sexa a decisión, primeiro teredes que concretala con Pascual.
Os aspectos que se valorarán á hora de puntuar a web son:
DESEÑO:
- Atractivo. Suxerente.
- Funcional. Lexible. Navegable. Ordeado.
- Uso adecuado e acreditado de textos, imaxes e medios audiovisuais.
- Uso da plantiña máis adecuada de usala.
- Orixinais. Redactados por vós.
- Contrastados. Nos vos quededes co primeiro dato sen mirar se é certo.
- Cibergrafía. Relación das vosas fontes de información, ou/e autoría dos recursos empregados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario